Descripción:
8º. 139pp.2hh.Ilustrado con 1 retrato. Orense, El Eco, 1909. Edición costeada por miembros del Centro Gallego de la Habana.Valentín Lamas Carvajal, un dos primeiros promotores da prensa en galego, naceu en Ourense en 1849. Nesta cidade cursou o Bacharelato, tendo como profesor o destacado gramático Saco Arce, e con posterioridade trasladouse a estudar Medicina en Compostela. Porén, non conseguiu acabar a carreira por causa dunha doenza visual que o deixaría cego, condición que lle valeu anos máis tarde o alcume de "O Homero Galego". De regreso ao seu lugar de orixe, entregouse á escrita xornalística e literaria. Dirixiu a revista compostelá La Aurora de Galicia e fundou a revista El Heraldo Gallego (1874-1880), de carácter bilingüe, e o semanario O Tío Marcos da Portela (1876-1890). Comezou a colaborar asiduamente no xornal El Eco de Orense, fundado en 1880, que funcionaría baixo a dirección de Lamas até o seu falecemento. Os medios de comunicación serían un instrumento fundamental na difusión da súa literatura e das famosísimas polémicas políticas e literarias en que o ourensán participou ao longo da súa vida. A aparición de O Tío Marcos da Portela converteuse nun dos feitos de maior relevancia na historia das letras galegas, xa que se trata da primeira publicación redixida desde Galiza integramente no noso idioma. A extraordinaria acollida da revista debeuse nomeadamente á defensa do labrego desde unha perspectiva fondamente anticaciquil. Esta total conexión co público receptor garantiu a edición, case ininterrompida, cada quince días e, posteriormente, cada semana. O Tío Marcos da Portela supón a consolidación dun xornalismo xenuinamente galego, estimulando de maneira decisiva o xurdimento de novas publicacións deste cariz por toda a nosa xeografía.(Biblioteca Virtual Galega). |
|